Convocação

ERA-NET New-INDIGO

O MICINN participa na Rede do Espazo Europeo de Investigación New-INDIGO, cuxo obxectivo fundamental consiste en proporcionar unha plataforma de colaboración entre organizacións Indias e Europeas de Ciencia e Tecnoloxía que contribúa a reforzar a dimensión internacional do Espazo Europeo de Investigación (ERA), e que aspira a constituír o marco máis relevante de cooperación científica entre Europa e India.

En 2011 lanzouse a segunda convocatoria de proxectos de investigación conxuntos no marco de ERA-NET New-INDIGO. O socio Indio é o Department of Science and Technology do Goberno de India (DST)

As áreas temáticas para esta convocatoria son as seguintes:

    - “Xestión de Augas Residuais”, incluíndo aplicacións en Industria e Agricultura (monitorización de contaminantes e calidade da auga, métodos de tratamento e reutilización, etc.)
    - “Química Sustentable para a purificación de Augas”, (minimización do uso e xeración de sustancias perigosas e residuos, substitución por sustancias inocuas, desenvolvemento de procesos energéticamente eficientes, etc., en relación coa purificación da auga).

Para que un proxecto sexa elegible, deberán participar nel, como mínimo, un equipo investigador dunha institución india e outros dous equipos europeos pertencentes a dous países diferentes de entre os seguintes: Bélxica (Só rexión Flandes), Finlandia, Francia, Alemaña, Holanda e España. Poderán participar ademais institucións doutros países europeos sempre que demostren que dispoñen de financiamento propio.

Fase: 
Encerrada
Fecha de publicación: 
18/04/2011
Data de término: 
18/07/2011
Hola, ER-
INNOVA
Iniciar sessão