Xornada técnica sobre cultivos enerxéticos en terreos forestais
Descripción:DEVESA (Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega), en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, organiza as xornadas técnicas sobre os cultivos bioenerxéticos e a importancia deste sector en Galicia.
A produción de enerxía a partir dos recursos do monte é un aspecto fundamental a valorar nas políticas forestais deste século XXI. Tódolos anos temos que ver cómo se gastan millóns de euros en prever incendios forestais, que poideran invertirse na limpeza dos nosos montes e no aproveitamento ordeado da biomasa que están producindo. Así mesmo, os novos cultivos enerxéticos poideran ser unha alternativa á importación masiva que fai o noso país de combustibles fosiles. Temos que deixar de malgastar o diñeiro na compra de petróleo, en lugar de producir enerxía e calor ca biomasa que temos diante da casa, e que non somos capaces de rentabilizar. Compre ter mecanismos operativos e rendibles para que a limpeza de montes, acopio, carga, transporte e queima desta biomasa; pasen de ser un problema a ser unha fonte de riqueza das máis importantes que atesoran os montes da nosa comunidade.
Idioma:
Español

