Xornada pacto de alcaldes
Descripción:O Pacto entre Alcaldes é un compromiso das cidades asinantes para ir máis aló dos obxectivos da política enerxética da UE (que se enumeran na iniciativa Actuación climática da UE e paquete de enerxías renovables , que obriga aos Estados membros a reducir as súas emisións de CO2 nun 20% como mínimo para 2020) en relación á redución de emisións de CO2 mediante unha maior eficiencia enerxética e a produción e emprego de enerxía máis limpa.
Na súa labor por difundir e promover o aforro e a eficiencia enerxética, así como o uso das enerxías renovables, a Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña FAEPAC, súmase a este compromiso organizando o 1 de Abril de 2011 unha xornada informativa sobre o Pacto de Alcaldes (Covenant of Mayors) na que participarán ponentes da Dirección Xeral de Transporte e Enerxía (DGTREN), do Banco Europeo de inversións(BEI), de Climate Alliance, da Diputación de Barcelona, etc.
O acto está orientado a toda a administración pública galega, en especial aos concellos.
Información e inscripcións en http://www.faepac.org/index.php?id=gl-20110228190702
Ou ben no 981 102 111
Idioma:
Español

