Agentes del sector

Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (EGANET)

EGANET é a asociación de empresas galegas que desenvolven software e ou servizos TIC. Creouse no ano 2000 co obxectivo de aglutinar ás empresas que representan o corazón das Tic e que abarcan as cinco principais áreas de negocio:

  1. Internet e Medios On Line
  2. Comunicación Interactiva en Novos Medios
  3. Consultaría e asesoramento Tic
  4. Conectividade e Integración de Sistemas
  5. Desenvolvemento de Software

EGANET, como Patronal das TIC Galegas, é o referente no sector e representa e defende os intereses das empresas e profesionais que desenvolven a súa actividade empresarial neste ámbito.

Somos unha asociación reivindicativa baseada na defensa do libre mercado que da servizos ás empresas asociadas e que traballamos para conseguir a adaptación da cidadanía ao uso das novas tecnoloxías, como ferramenta de mellora ante a competitividade tanto nos sectores empresariais como no desenvolvemento individual. Traballamos pola integración tecnolóxica dos colectivos menos favorecidos e defendemos e potenciamos a presenza da muller nas TIC.

EGANET potencia sinerxías entre empresas tanto do propio sector como nos sectores non TIC, converténdose no referente tecnolóxico no tecido producitvo e con especial incidencia nos ámbitos como o cultural, o ensino, a administración local, o audiovisual, turismo, etc.

A transversalidade do sector e a visión de conxunto que nos da a nosa traxectoria asociativa, permítenos anticiparnos as necesidades que se van creando podendo ofrecer o coñecemento e as ferramentas necesarias para cubrilas.

Mudar hábitos e conseguir o escenario preciso para que se recoñezan as particularidades das empresas motoras das TIC é o traballo diario e constante na asociación.

Actividad principal: 
Asociación de empresas TIC`s galegas

Área de Actividad: 
Varias

Tipo de Agente: 
Asociación

Dirección: Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n. Edif. FEUGA. 15705 Santiago de Compostela - A Coruña; España
Teléfono: 
+34981530352
Correo electrónico: 
info@eganet.org
Contacto/s: Oscar Santos Rodríguez
Hola, ER-
INNOVA
Inicio de sesión