Programa

Programa Enerxía Intelixente - Europa

O programa contribuirá a asegurar unha enerxía sostíbel para Europa, reforzando así a competitividade europea.

En termos operativos, os obxectivos do programa "Enerxía intelixente - Europa" serán:

a) proporcionar os elementos necesarios para a mellora da sostenibilidade, o desenvolvemento do potencial das cidades e rexións, así como para a elaboración das medidas lexislativas necesarias co fin de alcanzar os obxectivos estratéxicos relacionados; desenvolver medios e instrumentos para levar a cabo un seguimento, controlar e avaliar a incidencia das medidas adoptadas pola Comunidade e os seus Estados membros nos ámbitos de actuación de devandito programa.

b) impulsar os investimentos dos Estados membros en tecnoloxías novas e máis rendíbeis nos ámbitos da eficiencia enerxética, as fontes de enerxías renovábeis e a diversificación enerxética, inclusive no transporte, facilitando a transición entre a demostración con éxito de tecnoloxías innovadoras e a súa comercialización efectiva a gran escala, co fin de conseguir un efecto multiplicador dos investimentos realizados polos sectores público e privado, promover as tecnoloxías estratéxicas clave, reducir custos, aumentar a experiencia comercial e contribuír a reducir os riscos financeiros, e outros riscos e obstáculos percibidos que frean este tipo de investimento.

c) eliminar as barreiras non tecnolóxicas existentes para conseguir estruturas eficientes e intelixentes de produción e consumo enerxéticos, promovendo o desenvolvemento de capacidades institucionais, inclusive a escala local e rexional, aumentando a sensibilización, especialmente a través do sistema educativo, fomentando intercambios de experiencias e de coñecementos técnicos entre os principais axentes implicados, as empresas e os cidadáns en xeral, así como fomentando a difusión de mellores prácticas e das mellores tecnoloxías dispoñíbeis, en particular fomentándoas a escala comunitaria.

O programa "Enerxía intelixente - Europa" incluirá accións dirixidas, en particular, a:

a) Fomentar a eficiencia enerxética e a utilización racional dos recursos enerxéticos.

b) Promover fontes de enerxía novas e renovábeis, e fomentar a diversificación enerxética.

c) Promover a eficiencia enerxética e o uso de fontes de enerxía novas e renovábeis no ámbito do transporte.

Tipo de ayuda: 
Europea


Convocatoria/s: 

Hola, ER-
INNOVA
Inicio de sesión